
Os fogares tradicionais xaponeses son de madeira e sostéñense sobre pilares tamén de madeira; pero os fogares modernos xeralmente teñen habitacións ao estilo occidental con chans entarimados e, a miúdo, utilízanse pilares de aceiro na súa construcción. Ademais, cada vez máis familias das zonas urbanas viven en grandes edificios de apartamentos que se constrúen con hormigón armado.
Existen dúas grandes diferenzas con respeto aos fogares occidentais: a primeira é que os xaponeses non se deixan os zapatos postos no interior das casas e a segunda, que ao menos unha das habitacións tende a manter o estilo tradicional xaponés co chan de tatami.
Os tatami son esteras que se fan cunha base grosa de palla e utilizáronse nos fogares xaponeses desde fai aproximadamente uns 600 anos. Un chan de tatami adoita medir 1.91 metros por 0.95 metros e as dimensións das habitacións mídense polo xeral en termos de esteras de tatami. Este chan, é fresco durante o verán e quente durante o inverno.
Fonte: http://web-japan.org/kidsweb/explore/spanish/spain/es_housing.html
No hay comentarios:
Publicar un comentario