martes, 11 de octubre de 2011

ECONOMÍA





A economía xaponesa é a segunda máis grande do mundo, trala de Estados Unidos.
A agricultura supón o 1,5% do PIB e acolle ó 4,5% da poboación activa.
A industria representa o 26,5% do PIB e o 28% da poboación activa.
O sector servizos é o 72% do PIB e o 67,5% da poboación activa.


Sector primario

As explotacións agrícolas soen ser moi pequenas.
A agricultura tradicional é o arrozal asiático, cun sistema de produción chamado jori.
Por orde de produtividade temos o arroz, o trigo, a pataca, os cítricos, o té, a remolacha acucareira, a soia e frutas e verduras.
A gandeiría é unha actividade secundaria, destacando as explotacións porcinas, bovinas e aviais.
A pesca é o sector económico máis importante xa que Xapón é a primeira potencia pesqueira do mundo.




Sector secundario

Un grave problema de Xapón é a carencia de materias primas suficientes para a industria, polo que debe importar.
A siderurxia de transformación é o principal sector industrial ( elaboración de maquinaria , de coches, de barcos....)
O textil é un sector moi destacado, especialmente na costa do Pacífico.
E as tecnoloxías son unhas referencias mundiais ( televisión, ordenadores, teléfonos móbiles...)











Sector terciario

O motor económico de Xapón é o sector terciario ( banca, telecomunicacións, transporte...).


O comercio exterior é importante porque de il saen os produtos industriais para o mundo( especialmente para Estados Unidos) e recíbense a importación das materias primas( na maioría de Alemaña).


Todo ilo asentado nunha potente banca.


A rede de comunicacións ( carreteras, ferrocarrís...) son de calidade, de gran capacidade e rapidez.


O turismo está moi desarroiado.











No hay comentarios:

Publicar un comentario